XXXIII EDICIÓN

Pazo de inverno, de Alberto Lema (Bamiro, Vimianzo, 1975), foi a novela gañadora da trixésimo terceira edición do Premio de Novela Manuel García Barros, convocado polo Concello da Estrada e Editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O gañador recibiu un premio económico de 9.000 euros e a edición da súa obra por parte de Editorial Galaxia, que se encarga da publicación dos títulos gañadores desde o ano 2000.

O xurado desta trixésimo primeira edición estivo composto por Anxos Sumai, Carmen Ferreira, Carlos Lema, Armando Requeixo e Carlos Loureiro (secretario), que foron os encargados de avaliar as 41 obras presentadas a concurso.

O xurado valorou da obra de Alberto Lema a súa capacidade para recrear unha ficción coas fías das loitas de poder. As esferas do empresarial, o político e o xornalístico gandúxanse para tecer unha crónica de contraluces hipnóticas. Nesta obra nada é o que parece e os trasfondos e maquinacións dos grupos de influencia acaban por revelarnos un complexo mapa de intereses e pulsións.

Alberto Lema é autor dos poemarios Plan de fuga (2008) e Crónica do chan (2014). En narrativa, publicou a novela breve Unha puta percorre Europa (2008), Sidecar (2009) e a novela Da máquina (2012). Entre 2015 e 2019 foi concelleiro de Emprego, Turismo, Promoción Económica e Mercados no Concello da Coruña.