Tras 33 edicións, o Premio de Novela Manuel García Barros conta cun amplo palmarés no que aparecen as principais figuras da literatura galega de finais do século XX e comezos do XXI. A relación de gañadores conta con 32 nomes, xa que en dúas ocasións (1991 e 1998) o galardón quedou deserto ao considerar o xurado que as obras presentadas non alcanzaban unhas esixencias mínimas. Nembargantes, na edición de 1996 houbo dous gañadores que compartiron o premio ex aequo. Ao longo destes 33 anos concedéronse tamén catro accésits (dous en 1998, un en 1997 e outro en 1995) por decisión propia dos respectivos xurados para recoñecer a calidade deses traballos. Só cinco mulleres, María Gándara (1997), Anxos Sumai (2013), Ana Cabaleiro (2018), Berta Dávila (2019) e María Rei Vilas (2020), acadaron a máxima distinción do Premio de Novela Manuel García Barros nestes 33 anos de historia.
A relación completa dos premiados é a seguinte:
2021 • Pazo de inverno | Alberto Lema
2020 • Flores de ferro | María Rei Vilas
2019 • Carrusel | Berta Dávila
2018 • As Ramonas | Ana Cabaleiro
2017 • O xardineiro dos ingleses | Marcos S. Calveiro
2016 • A candidata | Miguel Sande
2015 • Lourenço, Xograr | Manuel Portas
2014 • Máscaras rotas para Sebastian Nell | Alberto Ramos
2013 • A lúa da colleita | Anxos Sumai
2012 • Hora zulú | Santiago Lopo
2011 • As fiandeiras | Antonio Piñeiro
2010 • Obediencia | Antón Lopo
2009 • Un tipo listo | Xosé Monteagudo
2008 • Shakespeare destilado | Xesús Constela
2007 • As palabras da néboa | Francisco Castro
2006 • Lois e Helena buscándose un día de tormenta | Manuel Veiga
2005 • Cabaret Voltaire | Santiago Jaureguízar
2004 • Unha viaxe no Ford T | Xerardo Agrafoxo
2003 • A vida que nos mata | Xabier López
2002 • Un nicho para Marilyn | Miguel Anxo Fernández
2001 • A historia escríbese de noite | Bieito Iglesias
2000 • As rulas de Bakunin | Antón Riveiro Coello
1999 • Talvez melancolía | Xosé Carlos Caneiro
1998 • Premio deserto
Accésit: Unha esquina no fondo da memoria | Anxo Franco Bañobre
Accésit: A xustiza pola man | Juan Ignacio Pérez Méndez
1997 • Magog | María Gándara
Accésit: A historia de Chicho Antela | Antón Riveiro Coello
1996 • O espírito de Broustenac | Alfonso Álvarez Cáccamo
O paso do noroeste | Xavier Queipo
1995 • Arqueofaxia | Manuel Lourenzo González
Accésit: Memoria do Algarve | Xavier Alcalá
1994 • A man dereita | Aníbal Malvar
1993 • Talego | Xosé Ballesteros
1992 • Corpo canso | Manuel Riveiro Loureiro
1991 • Premio deserto
1990 • Historia dun paraugas azul | Xosé Miranda
1989 • Paisaxe con muller e barco | Manuel Forcadela