O Concello da Estrada convoca o XXIX Premio de Novela Manuel García Barros

O Departamento de Cultura do Concello da Estrada vén de facer públicas as bases da convocatoria do XXIX Premio de Novela Manuel García Barros, que volverá contar cunha dotación económica de 9.000 euros e que manterá aberto o prazo de envío de orixinais ata o 12 de maio de 2017.

Segundo recollen as propias bases, que poden consultarse nesta mesma páxina web, a este certame poden concorrer os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten as súas novelas en lingua galega normativa, agás os que recibiran o premio nalgunha das últimas dez edicións.