- O portal recolle a historia do galardón dende a súa creación en 1989 ata converterse na actualidade nun dos principais certames da narrativa galega.
O Concello da Estrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Educación e Cultura, acaban de lanzar una páxina web específica do Premio de Novela Manuel García Barros co gallo do 25 aniversario do certame, creado no ano 1989 e consolidado na actualidade como unha das citas de referenza da literatura galega contemporánea.
O obxectivo de ambas administracións é pór en valor o premio -xa considerado como un dos máis destacados da narrativa galega actual- coincidindo coas súas “vodas de prata” e homenaxear a todos os escritores, editoriais e persoas que contribuíron ao seu crecemento e consolidación neste cuarto de século. Ademais, preténdse que esta páxina web específica do galardón sirva no futuro como unha plataforma de lanzamento que axude a manter o importante nivel de participación das últimas edicións.
O portal conta cun apartado específico sobre a figura e obra de Manuel García Barros “Kenkeirades”; outro sobre O Premio, no que se pode consultar o palmarés, que inclúe 24 obras gañadoras e catro accésits, os autores premiados, o recoñecemento a Anxos Sumai como derradeira gañadora e as bases de participación; e tamén un espazo denominado 25 anos, onde figuran as portadas e pequenos extractos das novelas premiadas.