AUTORES

.Alberto Ramos

Boletín Máscaras rotas..._Boletín Obediencia

(Santiago, 1986) Xornalista

Combinando o seu traballo como xornalista coa súa faceta literaria, en 2006 gañou o Premio Biblos Pazos de Galicia coa novela Dor pantasma. Tres anos despois, obtivo o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia coa obra Con acuse de recibo e, en 2012, acadou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria coa novela Todos os días.

Alfonso Álvarez Cáccamo

acaccamo

(Vigo, 1952) Profesor

A súa primeira novela publicada foi Peito de vimbio (1988) e dende entón escribíu outras tres novelas, libros de relatos e poesías e participou en traballos comunitarios de narrativa. Acumula unha quincena de galardóns, destacando, ademais do García Barros, o Concurso Nacional de Contos Infantís e o Premio Xerais (1990).

.Ana Cabaleiro

(Saídres – Silleda, 1974) Xornalista

É licenciada en Xornalismo e máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Adícase á comunicación no sector da cultura, colabora puntualmente co semanario Sermos Galiza e forma parte do consello de redacción da revista Cultura Rural. Como autora, forma parte do grupo Versos Soltos e en 2017 publicou o libro de relatos Sapos e Sereas.

A 2924Aníbal Malvar

(A Coruña, 1964) Xornalista

Comezou a traballar na prensa escrita en 1989 e, paralelamente, iniciou a súa faceta de escritor con Soño do violinista. Conta cunha decena de obras -sen mencionar os seus famosos guións de cómic- e grazas a elas foi galardoado co García Barros en 1994 e co Xerais ao ano seguinte (Unha noite con Carla). A súa última novela é La balada de los miserables.

alopoAntón Lopo

(Monforte de Lemos, 1961) Xornalista e actor

Especializado no xornalismo cultural, destaca pola súa faceta como poeta e ensaísta. O seu traballo no eido da narrativa comezou con As reliquias (1991) e  esténdese a cinco obras. Entre os premios conqueridos, atesoura o Esquío, o Álvaro Cunqueiro e o García Barros.

ariveirocoelloAntón Riveiro Coello

(Xinzo da Limia, 1964) Funcionario

O presidente da Asociación Cultural Barbantia ten unha ampla traxectoria dende a publicación de Valquiria (1994). Conta cunha quincena de traballos editados e o seu nome é o único unido ao Premio García Barros en dúas ocasións, xa que gañou o accésit en 1997 con A historia de Chicho Antela e o máximo galardón en 2000 con As rulas de Bakunin. Tamén ten gañado premios coma o Pedrón de Ouro ou o Castelao de Narrativa.

apiñeiroAntonio Piñeiro

(Ribeira, 1962) Profesor

Director da editorial artesanal Bourel, xa supera os 25 premios ao longo da súa traxectoria nos campos da prosa, a poesía e o ensaio. No ano 2011, engadíu o García Barros por unha novela ambientada no século XIX e o premio Avilés de Taramancos por A dama fulxente.

asumaiAnxos Sumai

(Catoira, 1960) Documentalista e tradutora

Tras colaborar con publicacións e libros colectivos e facer guións para comics, actualmente desenvolve a súa actividade literaria no portal Cultura Galega. A súa labor narrativa comezou en 2003 con Anxos da garda e nesta década acadou premios coma o Roberto Blanco Torres, ata converterse na derradeira gañadora do García Barros con A lúa da colleita.

.Berta Dávila

(Santiago de Compostela, 1987) Escritora

É autora de poemarios como Corpo Baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española e Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba (2008, Premio Biblos de Novela), á que seguiu o libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido ao castelán e o xaponés. En 2013 recibiu o Premio de Narrativa Breve de Repsol por O derradeiro libro de Emma Olsen.

Bieito Iglesiasbiglesias

(Ourense, 1957) Profesor

Colaborador de xornais e tradutor da obra de Conan Doyle ao galego, Iglesias publicou a súa primeira novela, Vento de seda, en 1992 e, dende entón, converteuse nun clásico da literatura galega contemporánea. Na súa traxectoria conxúnganse as novelas cos libros de relatos e incluso cos contos infantís, ademais de ter sido merecedor de premios coma o Merlín, o Manuel Murguía ou o Blanco Torres.

fcastroFrancisco Castro

(Vigo, 1966) Editor e xestor cultural

Dende a publicación de Play-back en 1997, este escritor, tamén blogueiro, desenvolve unha carreira prolífica con obras como A canción do náufrago, Xeografías, Xeración Perdida, Spam, coa que gañou o Blanco Amor en 2005, ou In Vino Veritas. Tamén conta con traballos de xornalismo e literatura infantil.

mforcadelaManuel Forcadela

(Tomiño, 1958) Profesor

É autor de máis dunha vintena de obras -entre narrativa, poesía e ensaio- dende que publicara en 1982 o poemario Ferida acústica de río. O primeiro gañador do García Barros centrouse nos últimos anos na poesía e no ensaio, xa que A armada invencible, a súa derradeira obra de narrativa, data de 1996. Na decea de premios recibidos destacan especialmente os de poesía e ensaio, como o Espiral Maior, o Esquío e o Ramón Piñeiro.

mlourenzoManuel Lourenzo

(Vilaboa, 1955) Profesor

Autor de obras de literatura infantil, teatro e libros de texto, a súa estensa traxectoria xa foi recoñecida, ademais do Premio García Barros, co Pedrón de Ouro, co Carvalho Calero (As paisaxes compartidas), co Xerais (O xardín das pedras flotantes) e co Merlín (Irmán do vento). A súa derradeira novela é Atl, publicada en 2012.

Manuel Portas González

(Barcelona, 1960) Escritor e sociolingüistamportas

Con raigames arousana e compostelan, Portas é Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesor no IES Xelmírez I de Santiago. Desempeñou postos na dirección da Asociación Galega da Lingua e participou na comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística. Tras escribir artigos e ensaios, publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado , en 2010.

mriveiroloureiroManuel Riveiro Loureiro

(A Coruña, 1933-2009) Escritor e tradutor

Comeza a escribir tras regresar da emigración en Montevideo a finais dos anos setenta e así x0rde Pola ida e pola volta, que daría paso a novelas, obras de teatro e pezas infantís ata o seu derradeiro traballo, Xullo-agosto (2006). O seu maxín levouno a conquistar en varias ocasións o premio Modesto Figueirido, aínda que tamén o García Barros, o Álvaro Cunqueiro ou o Camilo José Cela.

mveigaManuel Veiga

(Monforte de Lemos, 1960) Xornalista

Foi director de A Nosa Terra e conta con varios traballos sobre historia política e literatura. No ámbito da narrativa a súa obra comezou con As ruínas da cidade armada (1998) e xa conta con seis novelas publicadas. Ademais do Premio García Barros, no ano 2004 gañou o Xerais por O exiliado e a primavera.

mgandaraMaría Gándara

(Celanova, 1942) Profesora

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil, onde é coñecida como Lola González. Neste ámbito gañou os premios Merlín, Barco de Vapor e Gran Angular. Tamén obtivo recoñecementos polos seus traballos no ámbito do teatro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAMiguel Anxo Fernández

(O Carballiño, 1955) Profesor e investigador cinematográfico

Especialista en cine polo seu labor de crítico e comisario, conta cunha ampla relación de libros de ensaio e historia. Ademais, escribíu a famosa saga de Frank Soutelo e recibíu premios coma Sempre en Galiza, Chano Piñeiro, Fernando Rey ou o Ramón Cabanillas, moitos deles no ámbito do cine e o ensaio.

Miguel Sande

(Arteixo, 1961) Xornalista

Publicou poesía, teatro, ensaio e narrativa. En poesía cómpre salientar os seus poemas do deserto, recollidos en A palabra soterrada e reeditados posteriormente en Hoxe que vén o vento do sur. En teatro, obtivo o Premio Rafael Dieste con Ninguén chorou por nós. Os seus textos teatrais publicáronse agrupados no volume Elas, que din, co que foi finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática. Tamén publicou Cuba, doce e soturna, un libro entre o xornalístico e o literario. En narrativa é autor de Se algún día esta muller morta (Premio Repsol 2006) e A vida fóra (2011).

sjaureguizar

Santiago Jaureguízar

(Bilbao, 1965) Xornalista

Nado en Bilbao mais orixinario de Ribadeo, é un dos pioneiros na introdución da literatura galega en Internet. Jaureguízar comezou a publicar dende mediados dos anos noventa, destacando especialmente as súas novelas, incluindo algunhas específicas para o público xuvenil. Aparte do García Barros, en 2003 gañou o Xerais coa novela Casa Skylab.

slopoSantiago Lopo

(Vigo, 1974) Profesor e tradutor

Iniciou a súa traxectoria profesional traducindo guións de cine en inglés para a televisión e logo acadou sona como escritor con novelas como Game over (2007), Peaxes (2009) e Hora zulú (2012), coa que gañou o Premio García Barros. Co primeiro dos seus traballos recibíu o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

xlopezXabier López

(Bergondo, 1974) Licenciado en Dereito

As súas primeiras achegas literarias viron a luz na revista A Xanela e en colaboracións en prensa, para posteriormente centrarse en novelas coma Doutor Deus, O caderno, O mono no espello, A vida que nos mata ou Trinta e dous dentes, entre outras. Gañou o Premio Nacional de Crítica e, xa en 2013, o Xerais coa obra Cadeas.

xqueipoXavier Queipo

(Santiago de Compostela, 1957) Funcionario de Pesca en Bruxelas

Licenciado en Medicina e Bioloxía, é un habitual colaborador dos medios galegos. Escribíu unha trintena de obras nas dúas últimas décadas, adicándose tanto á novela, como aos relatos breves, a poesía e o ensaio. Gañou o Premio Nacional de Crítica con Ártico e outros mares e o Xerais con Extramunde, ademais do García Barros, entre outros.

xagrafoxoXerardo Agrafoxo

(Noia, 1952) Profesor

Doutor en Historia e investigador sobre a Guerra Civil na súa bisbarra, Agrafoxo realiza o seu principal traballo literario no campo do ensaio. Asimesmo, escribíu as novelas O triángulo de Oscar Wilde, Unha viaxe no Ford T e O violinista de Malá Strana.

xconstelaXesús Constela

(Ferrol, 1963) Profesor

Afeito ás traducións e colaborador dalgúns medios, Constela estreouse na narrativa con As humanas proporcións (2003), coa que gañou o Premio Torrente Ballester e o da Asociación Española de Críticos Literarios. Tamén escribíu Libro das alquimias, Shakespeare destilado e 15.724.

xballesterosXosé Ballesteros

(Vigo, 1956) Editor

É un dos fundadores da editorial Kalandraka e imparte habitualmente obradoiros de escritura. A súa obra céntrase na literatura infantil e xuvenil, ademais de participar en traducións e pezas colectivas. No campo da narrativa, é autor de Talego e Viaxe á morada dos deuses.

xccaneiroXosé Carlos Caneiro

(Verín, 1963) Escritor

Habitual colaborador dos medios de comunicación, fíxose famoso coa súa novela Ébora, que foi traducida a varios idiomas. Aparte de ensaios e poesías, o seu traballo céntrase na narrativa dende hai 25 anos cunha vintena de obras. Posúe premios coma o Celso Emilio Ferreiro, o Xerais, o Torrente Ballester, o Nacional de Crítica, o Blanco Amor e o García Barros, polo que conta cos tres galardóns de máis relevancia no ámbito da narrativa galega.

xmirandaXosé Miranda

(Lugo, 1955) Profesor

Biólogo de formación, é un recoñecido investigador da literatura galega de tradición oral. As súas primeiras obras, Na terra sombría e Historia dun paraugas azul, valéronlle os premios Modesto Figueirido e García Barros. Conta cunha estensa obra, especializándose nos derradeiros anos en literatura xuvenil. Gañou o Xerais en 1998 con Morning Star e o Merlín en 2002 con Pel de Lobo, entre outros.

xmonteagudo

Xosé Monteagudo

(Moraña, 1965) Técnico de Facenda

Imparte obradoiros sobre literatura e exerce de crítico na revista Grial, pero a súa sona débese ao seu labor como escritor. Gañou o Blanco Amor en 2002 con As voces da noticia e o García Barros en 2009 con Un tipo listo. Tamén recibíu o Pedrón de Ouro en catro edicións consecutivas (2001-2004) por participaren en diversas obras colectivas.