2016 | A candidata, de Miguel Sande

«Ao pé do atril, no centro dos proxectores, multiplicando as proclamas polos altofalantes no aire denso e quente do centro sociocultural. Ela e o brazo ao alto para remachar sentenzas, o brazo estendido, a man medio aberta coma se acabase de tirar unha pedra. Os aplausos, coma aves que levantan o voo polo alto do local, asustadas, batendo as ás, revoando en círculo para volver pousar unhas tras doutras ao pouco no mesmo lugar».

Editorial Galaxia