2019 | Carrusel, de Berta Dávila

«Estar enfermo non é o mesmo que estar só, pero quen está enfermo coñece ben a soidade e quen está só remata con frecuencia enfermando. Meu tío Carlos sabíao ben. Aínda que sempre estivo enfermo, coido que non sempre se sentiu só, e que coñeceu a amizade e o amor, a felicidade e a miseria, a soidade e tamén o mercurio, que escoa pola máis mínima fenda sempre e para envelenarnos. Tío Carlos, coma case todas as persoas da nosa familia, camiñou polo sendeiro dos azougados, se cadra el máis tempo ca os demais, aínda que descoñezo o tempo que terei eu que lidar con ese tránsito».

Editorial Galaxia