2018 | As Ramonas, de Ana Cabaleiro

«Van atravesando a Anllada, cara a Cuntis, de camiño a Caldas de Reis, que vén sendo o punto que marca, para as da comarca do Deza, a porta de entrada ao mar de Arousa. O día de hoxe tamén forma parte da tradición. O luns despois do San Xoán, porque en Saídres o San Xoán sempre cae con precisión milimétrica en sábado e domingo, van as tres á praia de cando era pequenas. Hoxe é o seu Día de Curmáns Otero».

Mona leva o cranio partido en dous anacos. A dor aguda e punzante mantense cara ao lado esquerdo, e a dor xorda e sostida sitúase cara á dereita e vaille baixando polas cervicais. Mona, por ventura, non tivera San Xoán.

Editorial Galaxia