2017 | O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro

«O importante non é o que contas, senón como o fas, dicía eu sempre. E por iso estaba a piques de saltar a tapia e profanar aquel vello camposanto esquecido por case todos. Quen me ía dicir que remataría así, de vulgar ladrón de tumbas. E todo por causa das andrómenas que se me meteran no caletre, por aquel comechume que non me abandonaba dende había moito tempo. Pasaban uns minutos das sete da mañá e o abrente comezaba a albiscarse tras do monte Lobeira, espido de árbores e cos impúdicos rochedos á vista tras tantos veráns de incendios provocados».

Editorial Galaxia