2015 | Lourenço Xograr, de Manuel Portas

Parece que quere alborexar. De feito, alá ao fondo, se miramos por riba do chapeu de aba larga que leva posto o rapaz, unha luzada tímida insinúase por entre a morea de nubes que ficaron ás súas costas, penduradas na liña lonxicua do horizonte. Para o sur, cara aos cotarelos suaves de Alvar e as mestas carballeiras de Ventosela, á esquerda do camiño real polo que vai andando o mozo con paso decidido, enxérganse as tebras da noite que se manteñen aínda tinxidas dun anil intenso, salferidas aquí e acolá polo tímido tremelucir dunha poeira de minúsculas estrelas.

Editorial Galaxia