2014 | Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos

«A derradeira das bombas estoupou demasiado preto do seu domicilio. As fiestras do dormitorio non resistiron o caos que espertara en Londres. Ciscados polo chan, os cristais cortaron a Sebastian Nell no baleiro dun día máis, dun día calquera, dun día que non ía lembrar. Dun día en que, quizais, xa non existía, por moito que aquel fráxil alentar se afanase en demostrar o contrario. Era 7 de xullo e o que quedaba do intérprete morrería catro noites despois. Ninguén soubo en que momento a súa mente abandonara definitivamente o refuxio en que se convertera o seu apartamento de Tvistock Square».

Editorial Galaxia