2013 | A lúa da colleita, de Anxos Sumai

«Happy bebía albariño na terraza acompañada de Vidal. Había moita xente esa noite no restaurante, ceando fóra. Persistía a calor da tarde pero atenuada por unha suave brisa que cheiraba intensamente a mar e a pólvora. No peirao estouraban fogos artificiais, que se reflectían vibrantes e coloridos na tona da auga. De cando en vez oíanse murmurios felices e asombrados polo espectáculo pirotécnico. Mesmo Iggy, encirrado pola explosión das bombas, parecía contento e saltaba no aire na procura das charamuscas extraviadas que se apagaban sobre o cantil».

Editorial Galaxia