2009 | Un tipo listo, de Xosé Monteagudo

“Xa non o recordo. Pero non ten ningún interese para o caso. Podía ser a licenza para construír unha casa, o permiso para facer un cerrume ou a autorización para levantar un alboio en terreo do común. Nin sequera importaba demasiado o rendido pola acción. O punto crítico do asunto estaba en que o veciño de Forcarei que pretendía facer a obra presentárase no concello e a cambio do permiso que solicitaba ofrecéralle a teu pai unha certa cantidade de diñeiro. E resulta que teu pai rexeitouna, completamente escandalizado. Non só iso. Durante aquel xantar incluso pretendía convencerme a min de que esa era a maneira correcta de proceder. Dáste conta? O seu xesto conspiraba directamente contra o Sistema. Tívenllo que dicir así de claro. O que ti es é un comunista que pretende destruír o Sistema desde dentro, díxenlle. Entón el quedou calado, atemorizado polas miñas palabras. Pero no fondo non estaba convencido.

-E convenceuno?

-Coido que si. Daquela pregunteille se consideraba que o seu tempo valía cartos”.

Editorial Galaxia