2001 | A historia escríbese de noite, de Bieito Iglesias

“Cando un conta lonadas para ilusionar a alguén, pode concederse certas licencias. Así, na inútil tentativa de embrullar a Claudina con historias familiares, entre as nogueiras de Besalú, permitiuse Clemente evocar o encontro xerminal de Belisario e Casilda a partir de cinascos de memoria dos seus parentes. Onde non sabía, inventou, e incluso se atreveu a descolgar do ombro do seu tataravó un fusil de baqueta, dos que afumaban os campos de batalla antes de 1866, data en que se inventou o sistema de retrocarga. ¿Por onde metía a bala o carabineiro? En 1873, ano en que se inicia o romance catalán do ancestro, coñecíase esa mellora no armamento, anque el non se molestase en investigar se o avance alcanzaba ó corpo de carabineiros. Había que improvisar e colorear o relato, porque Claudina estaba de uñas. Cárgase por diante ou por tras, de nada lle valeu a Belisario, pois aquel amor, que empezara en atentado, acabou en secuestro, co amador raptando o fillo e despedíndose do Principado como un ladrón”.

Editorial Galaxia