Na terceira edición do premio de novela, o xurado decidíu declarar deserto o galardón malia recoñecer a dificultade desta decisión. Por unha banda, pesaba o posible perxuízo que se lle podería causar ao certame -non permitindo a súa consolidación cunha bagaxe aínda escasa-, pero finalmente impúxose a aposta pola calidade, tentando prestixiar o premio cara ao futuro. A dotación económica destinouse á celebración duns encontros sobre a figura de Manuel García Barros.
